Thursday 16 de May de 2024

Gañadores do IX Concurso De Tapas do Concello de Fene


No Salón de Plenos do Concellor tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do IX Concurso de Tapas do Concello de Fene, celebrado entre o 13 de Maio e o 5 de Xuño e organizado pola Concellería de Promoción Económica, ao fronte da cal está César Castro.
Neste ano 2016 participaron 22 esteblecementos de hostalaría nas categorías de Tapa Tradicional e de Tapa Creativa, nas que os gañadores foron elixidos polos clientes que percorreron todos os establecementos e cubriron a tarxeta da Fenerruta.
A relación dos gañadores é a seguinte:
TAPA CREATIVA:
1º premio: Restaurante Casa Ana coa tapa “Larpeirada Salgada”
2º premio: Cafetería Lembranza coa tapa “Delicia Campestre
3º premio: O Arrecendo coa tapa “Solombo despeiteado”
TAPA TRADICIONAL:
1º premio: Cafetería Bombay, coa tapa “Xamón con mazá”
2º premio: Plaza Verde, coa tapa “Champiñóns á praza”
3º premio: D´anton Café, coa tapa “O Cazador”
Ademáis procedeuse ao sorteo dos premios aos clientes, aos que se lles fará a comunicación oportuna para que se acheguen a recollelo.
Os que completaron a Fenerruta dos 22 establecementos participaron no seguinte sorteo:
– O primeiro premio “3 días de Benestar”: estancia de 2 noites para dúas persoas, en SPA/Balnearios a elexir en toda España, con almorzos e tratamentos. Premio por cortesía de APC Servi Galicia.
– Un segundo premio “SPA & Gourmet”: estancia de 1 noite, para dúas persoas, en SPA/Balnearios a elexir en toda España, con almorzo e cea. Premio por cortesía de Santa Compaña Producciones.
Todas as tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entraron no sorteo de dez premios:
 Cinco ceas para dúas persoas (1º e 2º plato, postre, café e bebida)
Premios por cortesía dos seguintes establecementos:
• Cafetería Praza Verde
• Mesón O Aturuxo
• Restaurante Casa Raquel
• Restaurante Muíño do Vento
• Restaurante Tortoni
 Cinco estuches de viños, por cortesía de Bodegas Barral